Archive for Setembro, 2007

Get the hell out of here!

"Xa dende que estaba sentado na mesa tomando o primeiro café do día, o meu corpo intentaba darme sinais de que algo non estaba ben, comse día fora a ser diferente. Procurei non facer moito caso, xa que sabía que o meu corpo equivocárase xa moitas veces no pasado e resultaba ser a miña cachola a que manexaba todo o cotarro facéndome creer e sentir moitas cousas das que non constaba realidade algunha.

Collín o abrigo e abrín a porta da calle. Notábase aínda ese fresco propio da xeada mañanceira, a pesar de ser case as duas da tarde. Acompañada polo fresco apareceu tamén miña nai, ou mellor dito a cara da miña nai. Foi unha sensación ben rara, xa que non me dirixiu palabra algunha, soamente unha fugaz mirada na que puiden observar unha mezcla de alegría e medo que eu, ainda agora no sei porqué, ignorei coma se fose un militante do PP ou un testigo de xehová preparado para contarme as maravillas da sua congregación.

Dirixinme rúa abaixo con intención de comprar o periódico. Polo camiño intentei sen éxito prender un cigarrillo, pero non era quen de facer chisquear o mecheiro. Vin unha figura dirixíndose cara a min rúa arriba. Unha vez ó carón da figura percateime de que era a miña avoa, coa mesma expresión que vira na cara da miña nai media hora antes. Tampouco ela me dirixiu a palabra e nen sequera se parou cando eu lle preguntei se levaba un mecheiro con ela. O peor de todo era que eu non me cuestionaba a situación nen sequera por un pequeno instante. Era todo moi raro.

Cando cheguei á libreria, vin que na cara do señor Ramón tiña a mesma expresión que a miña nai e a miña avoa. Pregunteille tres veces pola edición do Pais, pero non houbo maneira de que me fixera caso algún. Xa un pouco cabreado fun directo ó bar de María, no que tomo o café a diario, e decidín que ía ser alí onde lle botaría unha ollada ó periódico. Ó mesmo tempo que camiñaba cara o bar escoitei un ruido que me recordaba ó zumbar das moscas, pero se cabe máis débil. Ese ruido íbase facendo cada vez máis forte, ata que fun capaz de identificalo: era o ruido que fan os avións.

Dirixín a miña mirada cara o ceo e alí estaba o causante de ese ruido, ou mellor dito causantes. Así, de súpeto, o ceo cubriuse con figuras metálicas en forma de cruceiros que, sen ningún tipo de aviso, comezaron a precipitarse como se fosen follas secas. Eu comecei a dubidar e a mirar ó meu aredor. Todo a xente que alí se atopaba seguía coas suas cousas como se nada raro estivese a pasar alí. Foi peor cando o primeiro páxaro metálico tocou o chan e reventou en mil anacos. Puiden sentir o calor da explosión e os berros da xente. De súpeto todos os demáis avións foron caendo e desfacéndose contra o chan un tras outro, salpicándome sen parar con bolas de lume e trozos de metal fervendo. Ante tal espectáculo era eu o único que estaba nervioso e alterado, xa que a xente seguía ó seu. Sen aviso algún apareceu diante de mín un avión enorme que caía a cámara lenta. Deume tempo a mirar ventanilla por ventanilla e ver centos de caras coa mesma expresión que vira ó sair da casa na cara da miña nai.

Totalmente desorientado comecei a camiñar sen saber moi ben cara onde me dirixía. Detívenme por un instante diante dunha ferretería na que tiñan unha especie de espello no interior. A través do espello puiden ver á xente que pasaba por detrás miña, todos coa mesma expresión na cara, esa mezcla de alegría e medo que me acompañaba dende que saín da casa. O ambiente estaba marcado polo fume dos avións accidentados e con un cheirume a quemado causado polo combustible dos aparatos. Pouco a pouco comecei a verme a min mesmo reflexado no espello: a miña cara, os hombros e o peito, os meus brazos, a cintura e.... nada máis! Non tiña pernas! Non podía ver as miñas extremidades inferiores no espello e, concentrándome no que estaba a ver, tampouco podía sentilas.

Agora comprendía porqué a miña nai non me veu e tampouco a miña avoa, porqué non fun quen de prender lume no meu cigarrillo ou porqué don Ramón non me quixo vender o periódico. Estaba levitando e sen pernas, coma un fantasma: estaba morto"

ap_thailand_plane_crash_17sep07_210.jpg

Mirei o despertador e vin que aínda non eran as duas da madrugada, había excasamente unha hora que comezara a dormir e estaba completamente suado e cunhas ganas de mexar tremendas. Soños coma este téñoos con frecuencia. Se algún día acabo a miña carreira de psicoloxía espero ser capaz de atopar algún tipo de explicación a todo isto, aínda que supoño que o dos avións ten doada explicación.... non son moi amigo destes aparatiños, prefiro máis ben ter o chan cerquiña, por si acaso.

Chuzame! chuzame -

Comments (5) »

Lang zal ze leven!

Hola de novo, xa pasou un anaco dende o meu último "post", e iso que prometín que iba a actualizalo polo menos cada semana... se xa mo decía a miña avoa "non prometas nada se non estás seguro de que o podes cumplir". Pero bueno, o caso é que aquí estou de novo.

 Gostaríame primeiro felicitar a María (Duran lela), que hoxe cumpre anos! Non sei se lee isto (ainda non se dignou a escribirme nada aquí), pero intentei chamala por teléfono e non andaba na casa... poño isto aquí para que quede constancia dos meus actos. Felicidades cativa!!

As dúas últimas semanas non foron nada do outro mundo. Traballo, traballo e máis traballo... Ségueme gustando o transporte público holandés e a fauna que o utiliza, e é raro o día no que non haiba aljo interesante co que ficar apanpado por media hora. Pero isto pasa tamén en España, ainda recordo cando tiña que coller o metro en Barcelona... a típica rumana con seis fillos, os negros rapeiros, os latin kings eses, os chilenos tocando a jitarra, os gitanos ocupando 2 vagóns, os executivos fuxindo de todo aquel que poidera estropearlle o traxe ou darlle un cheirume diferente ó de Adolfo Dominguez (ou pijada parecida), e o grupiño de amas de casa comentando a novela ou o que non sei quen do programa da Ana Rosa dixera sobre non sei quen máis do programa da outra cotilla,...

A única diferencia é o idioma utilizado, nun caso o castelán e os seus derivados (véxase castelán-catalán, castelán-rumano, castelán-fino, castelán-cañí,....) e no outro caso o holandés e os seus derivados (holandés-inglés, holandés-francés, holandés-marroquí, holandés-min,... esta última é a miña versión do holandés, que pa o burro que son non está mal).

Debido ó meu traballo, utilizo o castelán, o inglés e o holandés. Co castelán teño algún que outro problema, porque case que todos os meus compañeiros españois son de madrid.... e eses falan o castelán-madrileño e ás veces cóstanos un mundo entendernos "ke pasha vajhka", en fin.... aló eles! Ainda que teño unha compañeira que é de Viveiro!! e coñece Cedeira!! tócate a pera! Iso sí, leva aquí oito anos e olvidouselle por completo o galego... revireille a cara dunha lavazada! non me dijades que non o merece! parva!!

O meu inglés é bastante aceptable, non me crea ningún problema... bueno, case. Á xente do Reino Unido ainda me costa un pouco seguilos... é que falan... como se pos a un grupiño de catro rapazas da vila (por exemplo, as lelas) a falar ó mesmo tempo e intentas saber de que carallo están falando... non che hai por donde empezar! Reméxome bastante ben neste idioma, incluso a semana pasada tiven que preparar un "meeting" (ou reunión para os incultos) de tres días para 30 persoas e foi todo de maravilla, incluso me aplaudiron e todo o último día; joder, o primeiro aplauso que me dan na vida, tiven que esperar 28 anos!! despois de todo o que fixen por este mundo... desajradecidos!!!

O holandés xa me costa un pouco máis... Despois de pasar nove meses nun curso de seis horas á semana (é peor que parir, diso estou sejuro!!), tiven o tempo suficiente para aprender a gramática e aljo de vocabulario... todo orjulloso eu co meu diploma. Iso sí, entender non entendía nin papa! E claro, hai moita diferencia do holandés oficial ó holandes que falan na calle, e o mesmo pasa cos demáis idiomas. Por exemplo, teño un compañeiro holandés que me dixo que fala o castelán... e eu prejunteille "estás de curro hasta las orejas, no?", o nacho puxo cara de estar escoitando chino e díxome "eso no es español", claro que non home, é a versión moderna do chino mandarín fusionado cun dialecto do sur de Nixeria, non te jode! E é que para dicir o mesmo, pódense usar diferentes palabras, e iso pasa en todos os idiomas.

A pesar de todo Holanda é un pais que me justa, no que me sinto cómodo e integrado, iso sí, recorres o país de norte a sur e de este a oeste en dúas horas (como se queres ir de Cedeira a Vigo, ou de Fisterra a Pedrafita), e é un pais plano, non hai montañas, tampouco hai mariscos nen richinis borrachos nos bares, e é que tampouco hai bares, nen nacionalistas, nen independentistas, por haber non hai siquiera ríos (chámanlles canales e a xente pesca neles, ou fai que pesca), non hai rumanos (e iso que Holanda quédalles máis cerca que España, será que o idioma é máis difícil) e tampouco gitanos, tampouco hai bo viño (pero teñen a fábrica da Heineken), e os campos están cheos de tulipanes... nas fotos e postais, porque eu non vin nin un!!! e non, aquí non bebo e ó oculista fun o mes pasado e todo está no seu sitio.

Isto estame quedando moi largo e total para non decir nada, simplemente para que vos quededes tranquilos xa que así sabedes que aínda estou vivo.

Bicos a todo o que lea isto, con ou sen lenjua, ti elixes!

Ata a próxima! (que será pronto)

Chuzame! chuzame -

No comment »

Pa que vos de unha voltiña…

img_0710_formaat-wijzigen.JPG

Para aqueles que non me coñezan, isto pareceralles unha foto normal doutro pintamonas calquera coma min.

Para os que me coñezan, sei que nestes intres estades a pejar brincos na silla coa cara de Arale, coa jotiña de sudor na sien e querendo berrar pero non podendo debido á saturación de CO2 que teñen as vosas células. Ou quizais estades movendo a cabeza dun lado para outro e pensando que non teño sentidiño ninjún. Sexa o que sexa que estades a pensar, reflexádeo aquí con un comentario, gostaríame saber o que pensades...

 Tiña pensado escribir outra clase de post, así que esta semana que entra subirei o post que tiña pensado subir antes de poñer este.

Vémonos!

Chuzame! chuzame -

Comments (12) »

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis