Peca home, peca!!

Xa pasaron case 2 semanas dende a Patrona (festas de Cedeira) e nengun dos meus amigos se pasou por aqui a contarme un pouco como foron... e vosoutros diredes "pois vaia amigos que tes!", pois si, e son meus!!! :-)

Os que me conhecen saben que adoro os nenos, pero so ata que tenhen como 10 anos, despois de esa idade comezan a ser mais que un pesadelo... sera por iso que non creo que os meus pais cheguen a ser avos pola minha parte! A enerxia que tenhen estes pequenos demos e envidiable e o mesmo tempo como unhas pilas para un mesmo, os conexinhos de duracell o seu lado son como se comparas os percebes de Cedeira cos percebes de calquera outro lado, pouquinha cousa (bueno, escoitei que os da Costa da Morte tampouco lle tenhen nada que envidiar os percebes da vila, que me perdoen por esa zona, haberia que facer unha especie de cata e decidir cal dos dous e o mellor do mundo).

Outra das cousas boas que tenhen os nenos e a sua capacidade para decidir por si mesmos. Fan o que creen que esta ben facer en cada momento, sen importarlles para nada a opinion dos "maiores"; isto permitelles acertar ou errar, pero o mais importante aprender das suas accions. O que non erra non aprende, e os que non aprenden dos seus erros porque non os tenhen, acaban creendose os reis do mambo, e senon como creedes que se montou a Conferencia Episcopal? Eses xa nacen aprendidos!!

As veces penso que seria mellor non medrar, para poder manter asi a capacidade para decidir por nos mesmos intacta, coma os nenos. Pero iso e o malo; que nalgunhas personas, a medida que van medrando, a sua capacidade de decision vai disminuindo, ata chegar a un limite no que xa non fan nada por si mesmos. Asi lle debeu de pasar o rapaz este de salamanca que se rabenou o carallo para non seguir pecando!! Cando lin esta noticia en yahoo  case me da unha volta. Disque que se cortou a ferramenta para non pecar mais! Pero hominho, non facia falla iso, poderias meterte nun monasterio, ali aprenderias como pecar no nome de deus e asi quedar libre do inferno, e terias os mellores profesores posibles nese campo, xa sabes "haz lo que yo diga, pero no lo que yo haga". E se non, despois de cada polvo (ou o que fora que fixeses co teu carallo) deberias pasarte pola igrexa a confesarte, que disque que con 3 aves marias deses xa se pasa todo o mal e quedas libre de pecado. Animalinho, o pior de todo e que xa non tes remedio, e mais se tiraches o cacho de carallo polo water abaixo, a quen se lle ocurre! Agora, xa sabes, se queres seguir pecando dalgunha forma... a catro patas e mirando pa Cuenca, o final atoparaslle o justinho!!

Xa sabedes, pecade carallo! O que temos no corpo esta para aljo, así que non pensedes que podedes ir rabenandovos partes do corpo por ahi endiante como se de desfolar margaritas se tratara. E sobre todo, pensade por vos mesmos! Xa vedes as cousas que pasan por seguir ideas sacadas dun libro que algun enfermo escribiu un dia, uns cantos listinhos aproveitaronse da idea e un feixe de ignorantes seguen a creer nesa idea na actualidade...

Sede bos!!!

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

2 Responses so far »

  1. 1

    tono7 said,

    setembro 6, 2007 @ 12:59 am

    cometa de novo. Sempre me toca a mesma palabra secreta pa evitar spam.

    Poissss… Este post que escribiches eche ben longo, pero eu so vou a contestar á primeira parte. As festas da patrona foron… FROUXAS! jejeje. Cada ano somos menos! Seriamente so saímos o martes 14 e o venres 17. E non vimos ningún concerto. O martes foi coma un sabado calquera, con bastante xente, pero sen ser unha barbaridade. E ademáis, con moi…
    [PRIVADO continua en email] jejeje

  2. 2

    Pao said,

    setembro 9, 2007 @ 8:02 pm

    falando de spam, Tono, a ver se me podes botar unha man! dende onte (sábado 8), no post “xa estou de volta”, non paran de aparecerme así como 120 comentarios por día, todos referentes a casinos online e toda esa merda, sabes algún xeito para bloquear iso? polo que se ve, o meu filtro anti-spam non funciona neste caso, e xa me está tocando o carallo ter que borrar 120 comentarios cada día…

    A todo isto, gracias polo email, contestarei en breves!!

    Bicos!

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis