E que somos…

Outra semana mais e isto sigue coma sempre, tirando a mal ou a ben dependendo dende onde o mires.
Primeiro de todo, decir que non cajo desde hai unha semana (non, non e literal, a minha flora intestinal esta en forma) xa que me ofreceron un contrato na empresa na que traballo. Dende que cheguei a Amsterdam, hai xa un ano e varios meses, todos os meus traballos foron a traves de axencias de traballo (as famosas ETTs), e dicir... unha merda xa que non tes vacacions, traballas coma un can e cobras por dia traballado, o cal quere dicir que se estas enfermo e morrendo, non vas a traballar, polo tanto non cobras. Pois si, agora tenho un contrato de traballo normal con unha empresa normal, costoume pero o final cada un ten o que merece, e eu merezo iso e mais!! (si, ainda tenho avoa).
Ese mesmo dia que firmei o contrato, volvendo a casa despois do traballo, tuven unha experiencia mais con aljo parecido a unha persoa. Vou e venho no bus, e a min encantame o transporte publico, ben e sabido por todos a minha pasion por estar en contacto coa xente e o seu comportamento, e viaxar no transporte publico e unha boa maneira de ver diferentes xentes e comportamentos. Sempre te atopas co tipico rapeiro coa musica a toda hostia, o tipico que esta ata os collos do seu traballo, o tipico "eu tenho todas as fobias do mundo" (non, non son eu!) que non para de mirar a todos lados, e o tipico grupinho que non para de berrar e dar a vara os demais, facendo a viaxe un pouco insoportable. A estes, todos os fariamos voltar a primaria, a aprender un pouco de civismo con esa nova asignatura que hai agora.

O caso e que senteime tranquilinho no meu asento, comendo unha maza (come fruta que disque e bo!) e na seguinte parada apareceu ela. Unha mullerinha de raza negra (como se e blanca, amarela ou azul ceo!) sentouse o meu caron, e a sua amija xusto detras. Comezaron a falar entre elas, e a que estaba o meu lado xirabase un pouco a sua dereita. A mullerinha estaba un pouco entrada en carnes, e era inevitable que a sua cadeira golpeara a minha cada vez que se xiraba. Non e problema, pero se isto se repite cada 30 sejundos... pois como que toca os collos un pouco. Eu levanteime, ajarreina polos pelos e puxena no pasillo. Unha vez ali, e ante a sorprendida mirada da sua amija, collina polo pescozo e levanteina un palmo do chan. Cando estaba a punto de perder o conhecemento por falta de aire, puxena de novo no chan e espeteille tres codazos nos dentes, aproveitando a inxirada para aplastarlle a cabeza contra o borde do asento. Cando xa estaba case morta, collina como un pack de seis e rompinlle o pescozo.....

Todo mentira

Como eu non mato nen unha mosca, non dixen nada esperando que, polo menos, ela dixera aljo asi como "sorry" (perdon para os mais incultos). Non dixo nada, e non parou de tocarme a pera ata que cheguei a minha parada. Disto saco duas cousas en limpo:

1. Se non vales pa salir da casa, quedate nela.
2. Mira de ser un pouco educado e ter o minimo respeto polos demais.
3. Xa sei que non e un acto grave, pero despois de traballar, atoparte coa xente maleducada toca moito moito moito os collos!

Si, xa sei que dixen duas cousas en puxen tres... este e o meu blog, e fajo o que a min me da a jana, se non vos justa xa sabedes... se non queredes acabar como a mullerinha nejra do conto... chiton!!!

Non sei se aljen lee isto, xa que tenho menos comentarios que o sistema de sms do programa "Redes", que xa de paso botano pola duas, e non, non e para nada interesante! Para os que leedes isto, decídeme aljo, cabros!!!!

Im sick and tired of always being sick and tired!

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis