xullo 14, 2007
· Filed under Politica
Recordo sempre o refrán que miña avoa soe empregar: "o que non chora, non mama". Isto parece pensar tamén o "señor" Rajoy (si, ese dos "hilitos de plastilina"), que agora dalle por protestar (nada novo en él) e dicir que a Ley Electoral está "caducada y pasada de moda", e todo porque nas últimas eleccións o PP perdeu Galicia e Baleares, aínda sendo a forza política máis votada. Benvido á democracia Mariano! Todos sabemos que perder non justa nadiña, pero ó igual que cando se gaña hai que saber gañar, cando se perde hai que saber perder, e non da-la vara decindo o inxusta que é unha ley, simplemente porque non lle favorece a un mesmo.
Ser o único partido de dereitas dun pais ten unha ventaxa moi grande; a xente de dereitas vaiche dar o seu voto sempre, sen embargo, como hai dous de esquerdas (PSOE e IU), ademáis de que case cada comunidade ten o seu propio partido de esquerdas (BNG, ER, PNV,...) o voto da esquerda está moi pero que moi repartido. Isto é unha gran ventaxa, si señor. Pero tamén ten a sua parte negativa; á hora de pactar para governar... con quen vai pactar o PP se é o único partido na dereita (e cada día máis á dereita, todo hai que dicilo)? Se foran outros tempos pasados, estou seguro que a Santa Sede botaríalles unha man a modo de "por la gracia de dios" e non terían problemas para governar aló donde lles saira dos mismísimos, pero hoxe en día... esa "sagrada" man non é suficiente para eles, entón han de acomodarse ás leis e á democracia, e isto parece que lles está costando demasiado. Busca alternativas, propón aljo diferente, coherente e con un mínimo de sentidiño e para xa de chorar!
http://www.elpais.com/articulo/espana/Rajoy/propone/reforma/electoral/recuperar/Galicia/Baleares/elpepunac/20070714elpepinac_16/Tes
chúzame -
xullo 14, 2007
· Filed under Curiosidades
Se o concurso para persoas xa me parece unha parida, por dicilo dunha forma rápida e clara, xa non quero dicir o que me parece isto. Pero claro, algunha xente gusta destas cousas entón, por que non facelo?, non fan mal a ninguén e se eles disfrutan... pois adiante!
Sen embargo, tamén me parece curioso o criterio que utilizan os xuices deste concurso, xa que o can que gañou o concurso... en fin. Iso si, comparto a opinión dos xuices á hora de seleccinar ó can máis feo do mundo. A dona, unha americana (como non), está contentísima ó parecer, e non é para menos; ter o can máis feo do mundo fíxolle gañar 1000 dólares, e quen sabe se a partir de agora recibirá algunha oferta máis para pasear o seu "can" por ahí adiante.


Se mirades ben as fotos podedes deducir vosoutros mesmos cal é o can máis feo do mundo, se se lle pode chamar can, claro, con todos os meus respetos á dona e ó propio can.
chúzame -
xullo 13, 2007
· Filed under Humor, xadrez
A verdade é que non son moi amijo das monarquías, e menos da española. Primeiro porque, na miña humilde opinión, non pinta nada (ó igual que o clero), e segundo porque foi instaurada por un enano bastante cabrón que non se cansou de foder ó persoal ata o día da sua morte, e ainda así parece que hai xente que se resiste a aceptar a sua morte e como consecuencia a desaparición do réxime. Paréceme incrible que haiba xente que diga que a monarquía é necesaria e que cumple unha función moi importante... bueno, se alguén me pode explicar esa función eu estou disposto a escoitar.
Atopei esta caricatura moi apropiada para a ocasión. Aquí sí que os reis e reinas cumpren un papel moi importante, pero nunca máis aló do xogo no que participan. Fódeme que estes vividores aparezcan representados nun taboeiro de xadrez, pero aceptaríao de boa jana se con iso desaparecesen da sociedade. Mellor nun taboeiro e non chupando os cartos de todos e todas.

A páxina onde atopei isto é a seguinte, un sitio web adicado exclusivamente ó xadrez: http://www.ajedrez365.com/search/label/Curiosidades%20del%20Ajedrez
Sede bos!
chúzame -
xullo 12, 2007
· Filed under Curiosidades
Isto é un exercicio co que tiven que traballar nunha asignatura de Psicoloxía, máis concretamente "Coñecemento e emoción". É curioso como a nosa mente é capaz de enganarnos; poderíase aplicar moi ben o refrán de "Comes máis polos ollos que pola boca", facendo referencia a que ás veces, o noso cerebro non é capaz de reaccionar e fíase do que os ollos ven, por explicalo dunha forma sinxela.
O xogo consiste en, primeiramente, leer todas as palabras tal e como son, sen fixarse na cor. Terás que medir o tempo que necesitaches para esta tarea. Despois disto, unha vez anotado o teu tempo, pasas a leer o color de cada palabra, non a palabra en si mesma (se te equivocas volve a empezar). Suponse que has de tardar máis tempo en resolver esta segunda tarea que a primeira, se non é así... pois xa che direi cal é o teu problema cando acabe a carreira.

chúzame -
xullo 11, 2007
· Filed under Politica
A verdade e que é duro de roer e de asimilar isto dos sueldos dos políticos. Lendo a edición de hoxe de "El Pais" case me da aljo cando me topei con esta noticia. Ó millor aljún prejúntase: ¿como é que estando en Holanda pode leer este periódico español todos os días?. Bueno, é o bon que ten traballar nunha empresa americana composta por xente de 27 paises diferentes, que cada día temos periódico en 6 ou 7 idiomas diferentes, entre eles o castelán (creo que terei que agardar un pouco a que traijan un periódico galego).
A noticia en cuestión fala dos sueldos dos alcaldes madrileños (que pode ser aplicada tamén ó resto do pais), bueno, non de todos, fala dos máis destacados. Aquí podedes leer a noticia enteira, pero persoalmente o que máis me chama a atención é que ó parecer existe un "vacío legal" (ou espacio feito a drede) que permite que os alcaldes configuren os seus salarios unha vez acceden ó posto. No artigo vemos que os salarios van dende os 40.000 euros ata os 102.000 (¿¿!!!) por ano. A maioría dos salarios desorbitados son atribuidos ó PP, pero neste caso é o mesmo o partido que sexa, ladrós hainos no PP, no PSOE e ata na Antártida se buscas ben. A cor política importa ben pouco á hora de falar sobre isto, e non resulta curioso que en Madrid a maioría dos "humildes" salarios dos que estamos a falar sexan cobrados por alcaldes do PP, xa que eles gobernan en 116 dos 175 concellos cos que conta a comunidade madrileña (isto si que é increible, ainda che vos hai fachas por ahí endiante!)
Na miña opinión isto é un pouco desfasado, non chego a comprender porque unha persoa cobra semellante cantidade de euros. Entendo que hai traballos nos que a responsabilidade propia da función é maior que noutro tipo de traballos, pero a diferencia de cobrar 12.000 euros ó ano (xeneración mileurista) a cobrar 102.000 .... paréceme abismal. Ó final, a labor desempeñada por un alcalde non é máis importante que a desempeñada por un mestre ou un médico (é máis, eu penso que estas dúas profesións son moito máis importantes para a sociedade), ademáis de ter unha ventaxa que xa nos gostaría a moitos no noso traballo; os alcaldes contan cun equipo detrás que mete medo (inxenieros, arquitectos,... xente preparada vaia) e ó que poden recurrir e botarlle as culpas de todo ante problemas que poidan surxir, limpándose así as mans por completo... iso sí, sen deixar de cobrar.
Se tivésemos outro tipo de réxime democrático e sen realeza de por medio (eses non son un bó exemplo á hora de falar de salarios... e eses si que non traballan nin pa dios!), ó millor teríamos algunha posibilidade de igualar un pouquiño as cousas e non permitir este tipo de abusos sociais, sen embargo... isto éche o que hai, e ainda que parece haber xente disposta a presentar novas ideas ou reformas... ó final os euros pesan máis que nada neste mundo, e os que están ahí instalados (que ó fin e ó cabo son os que aproban ou non as reformas) non creo que estén pensando en quitarse un céntimo do seu moi "merecido" salario.
Xa sabedes, sede bos.
chúzame -