¿Volve a censura?

imagen1ra7.png     Roubeille esta imaxe ó meu amigo Tono

Poucas palabras teño ante esta noticia. A verdade é que agora temos que andar con moito cuidadiño, cuidar o que dicimos e sobre quen o dicimos. Parece que definitivamente, a palabra transición queda reducida simplemente a o nome que lle puxeron a esa etapa que transcurre dende o fin da dictadura ata.... a seguinte dictadura?? Non che sei, pero isto é a sensación que da ás veces. Xa empezamos outra vez con "isto non se pode facer" ou "isto non se pode dicir". E así seguiremos ata que a algún se lle crucen os cables e monte un lio de carallo.

Persoalmente creo que a caricatura da revista "El Jueves" é bastante forte, pero a cousa é que levan facendo ese tipo de caricaturas dende hai xa 30 anos. Todo o mundo sabe a ideoloxía desta revista, non é amiga da relixión nen da monarquía, e polo tanto, amparada na liberdade de expresión, pode demostrar os seus ideais a través de dita publicación. Estamos nun momento no que o sentido do humor está desaparecendo, e xa non somos capaces de rirnos nen de nosoutros mesmos. Eu, sinceramente, creo que incluso a familia real non se tomou isto tan en serio, estou por apostar que o rei incluso se parteu o cu da risa coa caricatura da portada.

A min dame un pouco de pena todo isto, e creo que isto é soamente o principio. Haberá que ter coidado co que se di e a quen se lle di. Eu, por se acaso, non lle direi a naide que son "un rojo", non vaia a ser que para a semana que ven teña á garda civil na miña casa debido a aljún chivatazo daljún e me leven preso por falar en contra da relixión e da monarquía...

censura.gif

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

4 Responses so far »

  1. 1

    Listo Cómics said,

    xullo 21, 2007 @ 11:20 am

    http://www.aldeaglobal.net/listo/juevessecuestrado.jpg
    :)

  2. 2

    tono7 said,

    xullo 24, 2007 @ 12:12 pm

    que te parece esta imagen??

    http://tono7.wordpress.com/files/2007/07/1185264896_f.thumbnail.jpg

  3. 3

    Pablo said,

    xullo 24, 2007 @ 10:45 pm

    Home, moi jrande non se ve! E a verdade é que non o pillo!

  4. 4

    tono7 said,

    agosto 2, 2007 @ 3:15 am

    Pos no te sé porqué sale tan mincha.

    Venía siendo un buzón mítico de CORREOS.
    Abajo sale la foto de la Princesa LetiZia y pone:
    En mi cara.

Comment RSS · TrackBack URI

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis