Anillo de la virginidad
Quedeime bastante abraiado cando lin esta noticia , pa mexar e non botar jota!
Resulta que agora os xoves cristians do reino unido teñen unha maneira de expresar a sua fe un tanto peculiar. Consiste en levar un anel que representa dita fe, e ademáis queren expresar así a sua idea de chegar virxe ó matrimonio. Ata aquí non é difícil de aceptar, cada un exprésase como quere sempre que non faja mal a ninguén, e neste caso non fan mal a naide.
O que resulta duro de creer é o seguinte: resulta que os colexios non queren que os xoves leven este anel porque non é un símbolo relixioso, e ademáis infrinxe as normas que regulan a forma de vestir nos mesmos. Entón o que esta nena (dame a mín na cachola que detrás dela andan peixes máis jordos) denuncia é que non lle deixan expresar a sua opción relixiosa libremente, e compara isto do anel con velo das musulmanas ou o turbante dos "sijs". Como xa tíñamos pouca polémica por isto, ala, invéntome un anel da virxinidade e convírtoo nun símbolo relixioso cristián. Moi desesperados deben de andar para tratar de gañar adeptos facéndose as víctimas agora...
Pois digo eu, estes monicreques que, xeneración tras xeneración, andiveron a prohibir todo tipo de cousas que non foran cos seus intereses, téñeno ben merecido. Agora saben o que é ser rechazado por pensar diferente ou actuar diferente, e iso que o caso non é para tanto, pero xa se sabe, algunha cousa han de facer, porque ven cada día que o chiringuito estáselles a ir a pique, e a desesperación por seguir vivindo do conto fai que alguén invente cousas coma estas.
En fin, pola miña parte, síntoo pola amiga injlesa (porque o de chegar virxe ó matrimonio pénsao agora con 16 anos, vexamos cando teña 18 ou 19... sen comentarios) pero alégrome moito de ver a esta xente nestos "berenjenales", xa sabedes "al pan pan y al vino vino".
chúzame - 
