18 de Xullo de 1936

pegatina.jpg                                                                                        pegatina.jpg

       Para aljúns habitantes do pais chamado España (noutros tempos unha "grande y libre"), hoxe é un día a celebrar, xa que hai exactamente 71 anos que deu comezo a Guerra Civil española, que ía durar os seus 3 longos anos, e con ela o fin da II República, dando lugar con iso ós anos máis penosos na historia deste pais.

Así pois, naquel día os protagonistas foron os avos dos que hoxe están a criticar o mal que vai o pais dirixido polo incompetente goberno socialista (non din roxos de merda porque ainda lles queda un pouco de educación, pero tempo ó tempo). Tamén estarán de celebración aqueles que, no nome de deus, reclaman o seu dereito e poder para facer o que lles veña en gana e xa de paso ter máis cartos para indemnizar a miles de familias que destrozaron abusando sexualmente dos seus fillos e fillas.

Tamén haberá un pequeno (pero non por iso hai que deixalos olvidados) grupo de persoas que celebren o día de hoxe como o comezo, hai 71 anos, da etapa máis gloriosa do pais, según eles claro. Eses que abren a palma da sua man e alzan o brazo "cara el sol" cantando e añorando ó que foi o seu lider, aquel home de medio metro cheo de odio, que facía o imposible (e máis) por foder (no mal sentido da palabra) á xente que non comuljaba co que el quería impoñer.

Eu son demasiado novo e nacín xusto un ano despois do nacemento da constitución española. Así pois non poido opinar moito sobre a dictadura, pero para iso están os libros. E os libros, e algunha xente que si viviu nesa época, non me contan nada bo sobre esa España "grande y libre", que más ben era pequerrecha e bastante limitada no que a liberdades se refire, ou non se se mira dende o punto de vista do enano cabrón (refírome a Franco, non ó seu parente do bigote que aínda aguantamos nestes días), el era libre para facer o que lle dera a santa gaña.

Polo tanto, hoxe non é un bo día para recordar, xa que España foi atacada e con iso a liberdade das persoas. O pais foi cambiado totalmente, de arriba a abaixo, e ainda hoxe en día estamos a sufrir as consecuencias de ese cambio: clero, monarquía, PP,... Só nos queda manter vivos os recordos (quen os teña) de tempos mellores e a ilusión por un cambio de rumbo, a ilusión de vivir noutro tipo de réxime. A mín dame no peito que eu non vivirei tanto como para velo, non porque non queira senón porque creo que o tema vai para largo.

Saúde e República!

Chuzame! chúzame -
del.icio.us this!

Say your words

El Tiempo en Amsterdam Airport Schiphol - Predicción a 7 días y condiciones actuales.
relojes web gratis