Agora choras…
Recordo sempre o refrán que miña avoa soe empregar: "o que non chora, non mama". Isto parece pensar tamén o "señor" Rajoy (si, ese dos "hilitos de plastilina"), que agora dalle por protestar (nada novo en él) e dicir que a Ley Electoral está "caducada y pasada de moda", e todo porque nas últimas eleccións o PP perdeu Galicia e Baleares, aínda sendo a forza política máis votada. Benvido á democracia Mariano! Todos sabemos que perder non justa nadiña, pero ó igual que cando se gaña hai que saber gañar, cando se perde hai que saber perder, e non da-la vara decindo o inxusta que é unha ley, simplemente porque non lle favorece a un mesmo.
Ser o único partido de dereitas dun pais ten unha ventaxa moi grande; a xente de dereitas vaiche dar o seu voto sempre, sen embargo, como hai dous de esquerdas (PSOE e IU), ademáis de que case cada comunidade ten o seu propio partido de esquerdas (BNG, ER, PNV,...) o voto da esquerda está moi pero que moi repartido. Isto é unha gran ventaxa, si señor. Pero tamén ten a sua parte negativa; á hora de pactar para governar... con quen vai pactar o PP se é o único partido na dereita (e cada día máis á dereita, todo hai que dicilo)? Se foran outros tempos pasados, estou seguro que a Santa Sede botaríalles unha man a modo de "por la gracia de dios" e non terían problemas para governar aló donde lles saira dos mismísimos, pero hoxe en día... esa "sagrada" man non é suficiente para eles, entón han de acomodarse ás leis e á democracia, e isto parece que lles está costando demasiado. Busca alternativas, propón aljo diferente, coherente e con un mínimo de sentidiño e para xa de chorar!
chúzame - 

tono7 said,
xullo 16, 2007 @ 8:02 pm
Boas Pabliño!!!
Qué tal can?
Aprobei o exame do viernes!Sobrado ademáis! un 94 sobre 100. Pa que fli!
Oiches! non fai falta que lle poñas o nome completo ó enlace. Podes escribir so http://www.elpais.com. (ou simplemente o “enlace é este”).Onde debe ir completo e cando o escribas na pestaña LINK.
BICOS DE NAI
Pao said,
xullo 17, 2007 @ 10:29 am
Pois si que son boas novas! enton xa eres master do universo?
Gracias polos consellos, ainda me queida moito por descubrir nisto dos blogs, pero pouco a pouco!
BICOS (over de nai)