Madre Patria,
los brazos enlazados
en señal de paz,
y en alto nuestra voz.Todos tus hijos
al pie de la bandera
y en la libertad
de la Constitución.
(bis)
Arte y fuerza,
conjunto de culturas,
firme pedestal
de un pueblo triunfador.
(bis)
Mano de Europa
tendida a todo el Mundo,
proa sobre el mar
al viento del Amor.
(bis)
Madre Patria,
los brazos enlazados
en señal de paz,
y en alto nuestra voz.
(bis)
Todos tus hijos
al pie de la bandera
y en la libertad
de la Constitución.
(bis)
Pois si, e aquí está a letra (tan añorada por algúns) do himno español. A partir de agora, o orgullo de "la roja" xa ten o que desexaba, aljo que cantar mentras poñen a sua man no peito e miran apampados ás nubes. Xa non hai nada que envexar ós franceses ou italianos, tan ben que pintaban na tele cantando os seus respectivos himnos, todos contentos eles e cheos de orjullo, mentras os aficionados españois veña a vocear "lala lala lalalalalala lalala .....". Pois agora non se queixarán!
A pena de todo isto e que da pé a unha razón pola que discutir entre PP e PSOE, xa estou vendo a aljúns... que se a palabra patria, que se a constitución, que se non se menciona a deus, tampouco a monarquía (ollo!, isto e un pequeno paso para obter de novo a república!)... Non é por nada, pero cantos menos motivos se lle dean a estes dous para enfrentarse, máis tranquiliños dormiremos o resto!
Persoalmente, a min no me gusta a letra, e preferiría as outras duas opcións: a primeira a de toda a vida, "lala lala lalala lalala....", moito máis doado e cada un podía interpretala como lle viñese en gana; a segunda e o himno que xa tiñamos, o Himno de Riego, pero bueno, pa gustos colores (e mellor a tricolor, xa postos!)
Xa dito de paso, coa vara que dan con isto da letra para o himno fíxosenos olvidar a canción do verán! "la barbacoa", "mueve tu cucu" ou "mami que será lo que tiene el negro"... o bo que teñen, á diferencia do dichoso himno, é que desaparecen nada máis acabar o verán... o himno sen embargo... dame a min que imos ter que roelo durante un tempo.
P.D. Os galegos podemos seguir co noso querido Breogan, tíñamos letra para o himno antes que a selección española... o malo é que ainda non temos selección galega... Selección galega xa!
chuzame -